O torneo 3x3 de baloncesto do Arxil múdase á Praza de España
Por Redacción
O torneo de verán de baloncesto 3x3 na rúa organizado polo Arxil chega este sábado 23 de agosto á súa décimo terceira edición.
Ao contrario que en pasadas edicións, esta vez a montaxe das "9 o 10 canchas" previstas se realizará na Praza de España.
Alí daranse cita dende as 11:00 horas máis de 50 equipos, 22 deles en idade sénior.
A competición prolongarase ata o atardecer no que é o "primeiro evento de nuestro 30 aniversario", recordou a presidenta do Arxil, Milagros Sanmartín.