Xornada de ximnasio e pádel para un Teucro que espera rival na Copa do Rei
Por Redacción
O Teucro xogará como local a primeira eliminatoria da Copa do Rei de Balonmán, que se sorteará o próximo domingo 31 de agosto coincidindo coa celebración da Supercopa Asobal entre Barcelona e Granollers.
Os azuis quedaron encadrados no segundo bombo, ou Grupo B, polo que o 4 ou o 5 de outubro disputarán o primeiro partido da competición no Pavillón Municipal dos Deportes.
O rival dos pontevedreses será un equipo da súa mesma categoría, a División de Honra Prata, nunha eliminatoria establecida a partido único. Os teucristas quedarán emparellados cun dos conxuntos do Grupo A, composto por: Bidasoa, Barcelona B, Alcobendas, Amenabar, Barakaldo, Sinfín, Meridiano Antequera e Academia Octavio.
En caso de pasar de rolda os pontevedreses, ao igual que o sucedido a pasada campaña, enfrontaranse a un equipo da máxima categoría, quedando excluídos os oito primeiros clasificados do último curso.
XORNADA DE XIMNASIO E PADEL
O primeiro plantel do Teucro protagonizou este mércores unha xornada de traballo diferente nas instalacións de El Tablero Pádel Club.
Os xogadores, ás ordes de Toño Puga, realizaron diversos exercicios de fortalecemento no ximnasio antes de protagonizar un torneo de pádel, do que saíron vencedores a parella formada polo porteiro Iago Gómez e o extremo Andrés Pérez.
O próximo encontro amigable dos azuis xogarase este xoves 21 de agosto ante o Atlético Bueu no Pavillón Pablo Hervello (21:15 horas).
Relacionadas:
-
O Teucro avanza a semifinais da Copa Galicia tras vencer o Xiria (19-27)
Por Redacción |
-
Carlos Pombo, segunda lesión na pretempada teucrista
Por Redacción |
-
BM Pontevedra aguanta un tempo ao Teucro pero cede (28-18) no segundo
Por Redacción |
-
O Teucro baixa á area para gozar dunha xornada diferente na Illa
Por Redacción |
-
ABC Braga e Calvo Xiria, rivais do Teucro nun triangular que servirá de presentación do equipo
Por Redacción |