Irene Trabazo, campioa cadete da Copa de España de ciclismo en estrada
Por Redacción
Novo éxito para Irene Trabazo. A deportista do Club Ciclista Marín proclamouse en Xátiva campioa da Copa de España de ciclismo en estrada en idade cadete.
Trabazo completa así unha gran tempada, na que tamén se proclamou campioa de España e da Copa Federación de ciclocrós, a súa especialidade.
A ciclista marinense finalizou segunda na última proba da Copa de España, a 2 minutos e 24 segundos da valenciana Sofía Rodríguez (Romovi-Rustic), mantendo o maillot de líder ante a ausencia da súa principal rival, Cristina Soler, que se encontraba disputando o Nacional de pista.
Irene Trabazo rematou con 309 puntos, polos 209 de Cristina Soler e os 196 de Sofía Rodríguez.
A flamante campioa recoñeceu en declaracións recollidas pola Federación Española de Ciclismo que "a carreira foi moi dura, pero saín tranquila porque xa tiña os deberes feitos e sabía que ía ter menos rivais que noutras ocasións. Loxicamente estou moi contenta e agora toca descansar e pensar xa na tempada de ciclocrós".
Relacionadas:
-
Irene Trabazo debuta en categoría júnior con triunfo e liderado na Copa de España de ciclocrós
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez revalida o seu título de campioa galega de mountain bike; Irene Trabazo gaña en cadetes
Por Redacción |
-
Aser Estévez, ÿscar González e Irene Trabazo, campións galegos de contrarreloxo no Rosal
Por Redacción |
-
Irene Trabazo, subcampioa de España cadete no campionato disputado en Xaén
Por Redacción |
-
Irene Trabazo consolida o seu liderado na Copa de España cadete ao impoñerse en La Rioja
Por Redacción |