Pacheco, tras ser operado das súas fracturas na man dereita: "Estoy bien, con ánimo"
Por Alejandro Espiño
Ata catro meses de baixa. ÿ o período de recuperación que, segundo o equipo médico do Pontevedra C.F., necesitará Carlos Riveiro Pacheco para poder volver aos terreos de xogo. E todo iso logo de ser operado con éxito da fractura de radio e escafoides da man dereita, unha lesión que se produciu no transcurso do partido que, o pasado domingo, enfrontou ao Pontevedra B co Valladares.
O defensa, enviado por Milo Abelleira ao segundo equipo para que non perdese estado de forma e ritmo de xogo, lesionouse no minuto 70 do partido. As fracturas que sufriu na man dereita producíronse despois de que, tras unha violenta caída, apoiase a súa man no céspede para amortecer o impacto.
Tras ser operado por Alberto Domínguez, médico do club, Pacheco asegurou a PontevedraViva que "estoy bien, con ánimo". Explica que "ayer y anteayer tenía mucho dolor, pero hoy ya nada, sólo las típicas molestias de los puntos". Tan rápido avanza o postoperatorio que xa se move con moita autonomía. "Trato de levantarme de cama y pasear por el hospital, por el momento poco más".
Segundo explicáronlle os médicos, Pacheco terá que esperar dous meses para poder empezar a correr, "algo que tendré que hacer con una protección en la mano", e case catro, "calculan que sobre marzo" para poder volver competir.
Pero se de algo está contento Pacheco é do apoio dos seus compañeiros. Desde o mesmo domingo e, especialmente tras ser operado de urxencia, foron moitos os que quixeron expresar publicamente os seus desexos de que se recupere canto antes. Foi a través de Twitter, onde baixo o hashtag #ánimoPacheco, dábanlle ánimo. "Fue acojonante", di, tremendamente agradecido. "Estoy alucinando, son unos máquinas".
@carlospacheco60 mucho ánimo y ahora a trabajar para volver cuanto antes que ya se te echa de menos #ánimopacheco
Iago Paz (@iago_paz83) noviembre 26, 2012
Vamos @carlospacheco60 que ya echamos de menos las flexiones y los batidos en el vestuario!! Pronto estaras dando guerra amigo #animoPacheco
fran fandiño(@fran_fandinho) noviembre 26, 2012
Desearle a un compañero y amigo como @carlospacheco60 una pronta recuperacion!!! #animopacheco
cristobal dominguez(@cristobal_4) noviembre 26, 2012
Muxo animo al gran @carlospacheco60seguro q pronto estará otra vez dando guerra! #animopacheco
cristobal juncal (@cristobaljuncal) noviembre 26, 2012
Esos bailes únicos d @carlospacheco60 tienen q volver cuanto antes al vestuario y por supuesto esas flexiones! Mucho ánimo y tranquilo!! ;)
Fer Muelle -Nano- (@Fer_Muelle3) noviembre 26, 2012
Mucho ánimo @carlospacheco60 ahora a recuperarse cuanto antes para volver a dar guerra en los campos.
lorenzo riveiro (@loren1riveiro) noviembre 25, 2012
Mucho animo @carlospacheco60 en nada volverás a estar enfrente del espejo de príncipe felipe. Mucho animo amigo
Yago Vázquez Estévez (@yagov3) noviembre 25, 2012
Pacheco permanecerá ingresado no Hospital Domínguez de Pontevedra ata o vindeiro venres, cando está previsto que se lle conceda a alta hospitalaria.