Arxil-Araski e Cortegada-Aros León na primeira xornada da Liga Feminina 2
Por Redacción
A Liga Feminina 2 de baloncesto xa ten calendario despois de que a Federación Española sortease e estructurase a competición.
A liga regular comezará o día 25 de outubro con Arxil e Cortegada debutando na súa cancha nunha tempada na que parten coa ilusión de pelexar polos postos de privilexio.
No caso das pontevedresas, o seu primeiro rival será o Araski vasco, mentres o seu primeiro desprazamento será á pista do Café Barco de Badaxoz. As verdes finalizarán o 11 de abril tamén na casa ante o Universidad de Oviedo.
Pola súa banda o Cortegada arrancará ante o Aros León en Fontecarmoa para viaxar unha semana despois a Valladolid. As vilagarcianas pecharán a liga regular na súa cancha ante o Ensino.
En canto aos derbis provinciais ante ambos os dous equipos, o primeiro disputarase en Vilagarcía o 29 de novembro, quedando a volta no Centro Galego de Tecnificación de Pontevedra para o día 7 de marzo.
Unha vez finalizada a liga, os catro primeiros clasificados do Grupo A participarán na fase de ascenso á máxima categoría. O calendario completo pode consultarse na páxina web da Federación Española de Baloncesto.
Relacionadas:
-
Jara Tuda renova co Arxil coa intención de gañar protagonismo no primeiro equipo
Por Redacción |
-
Ana Román, reforzo contrastado para o xogo interior do Arxil
Por Redacción |
-
Fany López continuará unha tempada máis no Arxil
Por Redacción |
-
Dous equipos vascos, principal novidade para o Arxil na nova tempada da Liga Feminina 2
Por Redacción |