ÿxito de participación do campus Aicardo en Cotobade
Por Diego Torrado
O xogador internacional e da Barcelona Jesús Nazaret Aicardo asistiu esta fin de semana ao Campus que leva o seu nome.
Con esta iniciativa, que se desenvolveu na pista do Pavillón de Tenorio, o Concello de Cotobade pretende promover o deporte na localidade como xa fixo coa Transgalaica e o Campionato Galego de BTT Maratón.
O motivo da vinculación deste xogador internacional con Cotobade é que leva tres anos casado cunha veciña deste municipio.
Os nenos puideron asistir de balde, sendo este un dos motivos polos que se superaron as 60 prazas que inicialmente se dispuxeron.