Verducido acolle esta fin de semana o Campionato de España de novas promesas de piragüismo
Por Redacción
O Campionato de España de novas promesas reunirá esta fin de semana en Verducido a mil padexeiros das categorías infantil e cadetes. A competición, tamén valedoira para a Liga Nacional, contará coa presenza de 400 deportistas galegos en representación de trinta clubs.
As regatas iniciaranse ás oito e media da mañá cada día. O sábado rematarase ás oito e media da tarde e o domingo ás dúas. Nestes tramos horarios disputaranse todas as regatas de K-1, K-2, K-4, C-1, C-2 e C-4. En todos os casos, as distancias programadas son de mil metros.
A este Campionato de España de novas promesas acode unha ampla representación de clubs galegos. Varios deles son favoritos a colocar as súas embarcacións nos primeiros lugares, tal como sucedeu en ocasións anteriores.