Dous equipos vascos, principal novidade para o Arxil na nova tempada da Liga Feminina 2
Por Redacción
Por primeira vez na historia da Liga Feminina 2, os equipos galegos terán que viaxar ao País vasco na fase regular. Así se acordou na reunión da Comisión Delegada da Federación Española de Baloncesto celebrada esta mañá en Madrid. Nela, compuxéronse os dous grupos que haberá na categoría de prata do baloncesto feminino español na tempada 2014-2015.
O Arxil volverá estar encadrado no grupo A. xunto ás pontevedresas haberá outros catro equipos galegos (Pabellón Ourense, Ensino de Lugo, Celta de Vigo e Cortegada), dous castelán-leoneses (Universidad de Valladolid e Aros de León), dous asturianos (Abda Avilés e Universidad de Oviedo) e un estremeño (Badajoz).
Os doce equipos deste grupo complétanse cos dous conxuntos vascos de Ibazábal, descendido de Liga Feminina, e o UPV de San Sebastián.
Lino Vázquez, director deportivo do Arxil, impulsor desta composición xunto á Federación Galega de Baloncesto, asegura estar "moi contento" co grupo ao que se enfrontará o club a próxima tempada. Sinala que aínda que haxa que viaxar ao País Vasco "nos libramos de baixar a Andalucia, onde tamén hai dous equipos e sobre todo da viaxe a Canarias". O único desprazamento longo será a Extremadura.
A nivel deportivo, Lino Vázquez entende que "dependendo do equipo que formemos, se conseguimos as xogadoras que estamos a buscar pode ser unha liga moi bonita". Cre que, a priori, salvo o Ensino de Lugo e o Ibazábal, aos que coloca a etiqueta de claros favoritos ao ascenso, o resto dos equipos "estaremos na pomada tanto por meternos no play off coma por salvarnos do descenso".
Neste sentido, o club avanza que esta mesma semana espera que se decida a continuidade ou non de Ana Martín, Andrea Carrera, Jara Tuda e Fany López, ás que se lles ofreceu a renovación. Por agora, o Arxil conta con Sandra Entenza e Carla Fernandez como bases; María Lago, María Centeno e Cristina Diaz como aleiros; e coa pivote Maimouna Diarra.
Relacionadas:
-
Ana Román, reforzo contrastado para o xogo interior do Arxil
Por Redacción |
-
Fany López continuará unha tempada máis no Arxil
Por Redacción |
-
Arxil-Araski e Cortegada-Aros León na primeira xornada da Liga Feminina 2
Por Redacción |
-
Cristina Díaz-Pache seguirá un ano máis no Arxil ao aceptar a renovación ofrecida polo club
Por Redacción |
-
Nova renovación no Arxil: María González Centeno seguirá no club unha tempada máis
Por Redacción |
-
María Lago renova polo Arxil e convértese na cuarta xogadora da próxima tempada
Por Redacción |
-
O Arxil sácase a espiña da tempada pasada e pecha a fichaxe de Maimouna Diarra
Por Redacción |