Sergio Lloves, Pedro García e Miguel Centrón, tres xogadores "de garantías" para pelexar polo ascenso
Dúas novas incorporacións "de lujo", Pedro García e Miguel Centrón, e unha terceira, a de Sergio Lloves, "que suena a renovación porque es de la casa". Así definiu Lupe Murillo ás tres fichaxes que o Pontevedra presentou este martes. Tres xogadores "de garantías" cos que o club granate segue perfilando un equipo co que conseguir "sí o sí", segundo a súa presidenta, o ansiado ascenso a Segunda B.
De todos eles, Lupe Murillo sinalou que Pedro García é un xogador que pedía insistentemente todos os estamentos deportivos do club. "No es la primera vez que quisimos ficharle", explicou. O mediocentro de 24 anos chegara a un acordo verbal co Boiro para renovar o seu contrato, pero recoñeceu que a oferta do Pontevedra o seduciu máis. Asegura que se trata dun proxecto deportivo "que ilusiona, a mí el primero".
O centrocampista vigués, que pasou tamén polo Racing de Ferrol e o filial do Racing de Santander, se formou nas categorías inferiores do Celta. Tras a súa saída da casa celeste "la primera llamada que recibí fue del Pontevedra". Foi hai "cuatro o cinco" anos, pero recoñece que entón "no estaba de acuerdo con la política del director deportivo y no quería repetir la experiencia". Agora, asegura, "cambiaron las cosas".
Pola súa banda, Miguel Centrón é un centrocampista de 29 anos "experimentado y muy serio en el campo", segundo a presidenta do club. Deixa o Coruxo polo Pontevedra, pero asegura estar contento, a pesar de cambiar a Segunda B pola Terceira porque "es un club histórico que no merece estar en la división en la que está". Afirma que chega a Pasarón "con muchas ganas y mucha ilusión" e cun obxectivo irrenunciable, o ascenso á división de bronce.
As palabras máis cariñosas foron para Sergio Lloves, un "valor incuestionable" para o club, un porteiro que "quiso volver, peleó por ello y aquí está", destacou Lupe Murillo. Aos seus 26 anos regresa a Pasarón tras abandonar o club hai dous anos para probar sorte na Primeira División islandesa. "Al día siguiente ya me arrepentí de haberme ido", explicou o redondelano na presentación. "Vuelvo con las mismas ganas que entonces".
Lloves recoñeceu ter recibido ofertas de equipos de Segunda B, que rexeitou porque el só pensaba en regresar ao Pontevedra. "Me daba igual la forma o como fuera", sinalou. Espera poder sacarse esta tempada a "espina" do seu primeiro ano no club, no que o Pontevedra nin sequera logrou clasificarse para a fase de ascenso. Agora pensa mesmo en metas maiores e que o equipo chegue "cuanto antes" a categorías superiores.
Ese é o obxectivo do equipo que está a completar o Pontevedra. Lupe Murillo afirmou que se está a completar un equipo chamado a "ir ganándolo todo" polos campos de Terceira. Sinalou que a directiva buscar darlle ao adestrador, Manu Fernández, "lo mejor" para subir a Segunda B esta tempada, categoría na que como mínimo "por historia, por personal, por afición y por campo merecemos estar".
Relacionadas:
-
Arranca o Pontevedra 2014-2015 con nove caras novas e o compromiso de dicir adeus á Terceira
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Chegan Jacobo Millán e Anxo (ex do Boiro), dous centrocampistas que poñen a 'guinda' ao novo Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Pablo Carnero e Tomás renovan por dúas tempadas e completan un Pontevedra ilusionante
Por Ramiro Espiño | Creada e actualizada
-
Jorge Rodríguez e Capi, dous homes experimentados para un proxecto que o Pontevedra cualifica "de 10"
Por Alejandro Espiño |
-
Fran Fandiño seguirá dous anos máis no Pontevedra e Yago Vázquez anuncia que non renova
Por Alejandro Espiño |
-
Miguel Centrón e Pedro García, novas fichaxes dun Pontevedra que confirma a Lloves e renova a Edu e Tubo
Por Alejandro Espiño |
-
Alberto Campillo e Adrián Mouriño, dous xogadores cun obxectivo claro: ascender a Segunda B
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |