Alberto Campillo e Adrián Mouriño, dous xogadores cun obxectivo claro: ascender a Segunda B
Non pensan noutro escenario. Alberto Campillo e Adrián Mouriño, os dous primeiros xogadores que presenta o Pontevedra CF para a próxima tempada, téñeno claro. O obxectivo do equipo non é outro que abandonar a Terceira División e lograr o ansiado ascenso á categoría de bronce. Así o sinalaron na súa presentación, que tivo lugar no Estadio de Pasarón e onde estiveron acompañados pola presidenta do club, Lupe Murillo.
Alberto Campillo é un central de 26 anos que procede do Ourense. ÿ a súa posición natural no campo, aínda que pode actuar como lateral dereito. Ao igual que o mediocentro Adrián Mouriño, formouse nas categorías inferiores do Real Club Celta de Vigo, onde chegaron a coincidir durante anos no filial de Segunda B. O centrocampista, tamén de 26 anos, chega procedente do Sant Andreu, equipo catalán de Segunda B. Asinaron por dúas tempadas.
Ambos os dous son xogadores, destacou Lupe Murillo, que proceden de categorías superiores (Adrián Mouriño chego a xogar en Segunda División co Recreativo de Huelva), "porque han apostado por un futuro en este club y les gusta este proyecto". A presidenta do Pontevedra explicou que se lles pediu "total dedicación, implicación y amor por los cores", tres cualidades que entende son "fundamentales" para un xogador.
As negociacións para a súa incorporación ao equipo granate foron doadas, recoñeceron os xogadores. "Una de las cosas por la que estamos aquí es por la comunicación mutua que tenemos", afirmou Campillo, que espera poder repetir o ascenso que ambos os dous lograron co Ourense. Pola súa banda, Mouriño sinalou que busca "aportar mi granito de arena para ascender", xa que entende que o Pontevedra "donde tiene que estar es Segunda B e incluso más arriba".
Adrián Mouriño destacou na súa presentación que "me decanté rápidamente por venir porque es un club diferente, se ve en el estadio, en la gente es muy bonito jugar aquí". E sobre a súa ambición por ascender fala a aposta que fixo, segundo Lupe Murillo, durante as negociacións. "Me apostaba no cobrar nada y si ascendíamos cobrar el doble", desvelou entre risas. "Me ha garantizado goles y un ascenso".
Campillo, pola súa banda, sinalou que espera quedar no Pontevedra durante moito tempo. "No soy jugador de venir por un año, me gusta venir por tiempo y cuanto más arriba estemos, mejor", afirmou. Coñece moitos xogadores do equipo actual do Pontevedra, entre eles citou a Pablo Carnero, Fran Fandiño e Tubo, cos que espera volver coincidir, porque "son gente que tienen que dar un paso más en su carrera".
ESTUDAN IMPUGNAR A CIRCULAR DO ASCENSO
Ademais, durante a presentación destes dous xogadores, Lupe Murillo referiuse de novo á polémica circular da Real Federación Española de Fútbol que regula a quen lle corresponde a praza de Segunda B á que renunciou o Puertollano. Tras remitir un escrito ao organismo federativo, que non tivo aínda resposta, o club pensa na posibilidade de impugnar administrativamente a devandita circular.
En todo caso, a directiva granate resígnase a xogar en Terceira División, xa que "hay el precedente del Orihuela, que llegó a la justicia ordinaria y perdió", recordou a presidenta, que en todo caso apuntou que hai "demasiados" equipos que teñen prioridade para cubrir esta praza como para que a oferta chegue a Pasarón. Villarrobledo, La Roda ou o Mérida son, para ela, os tres favoritos para ocupar a vacante do Puertollano.
Relacionadas:
-
Arranca o Pontevedra 2014-2015 con nove caras novas e o compromiso de dicir adeus á Terceira
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
"Unidos por un novo futuro", lema da campaña de socios 2014/2015 do Pontevedra
Por Ramiro Espiño |
-
Pablo Carnero e Tomás renovan por dúas tempadas e completan un Pontevedra ilusionante
Por Ramiro Espiño | Creada e actualizada
-
Jorge Rodríguez e Capi, dous homes experimentados para un proxecto que o Pontevedra cualifica "de 10"
Por Alejandro Espiño |
-
Jorge Rodríguez e Capi, ex xogadores de Rácing de Ferrol e Ourense, súmanse ao Pontevedra 2014-2015
Por Ramiro Espiño |
-
Sergio Lloves, Pedro García e Miguel Centrón, tres xogadores "de garantías" para pelexar polo ascenso
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Miguel Centrón e Pedro García, novas fichaxes dun Pontevedra que confirma a Lloves e renova a Edu e Tubo
Por Alejandro Espiño |
-
Alberto Campillo e Adrián Mouriño fichan polo Pontevedra; Pablo González renova e David García é baixa
Por Alejandro Espiño |