Remontada insuficiente en Ourense dun Arxil que segue sen gañar (50-45)
Por Redacción
Un mal segundo cuarto (19-4) condenou ao Arxil na súa visita ao Pavillón dos Remedios de Ourense. As de Mayte Méndez seguen sen estrearse en liga logo de seis xornadas e consolidan a súa posición de pechacancelas na Liga Feminina 2.
As pontevedresas reaccionaron tras o descanso e conseguiron chegar con opcións de vitoria ao tramo final de partido, pero a remontada resultou insuficiente ante un Pabellón Ourense que suma o seu segundo triúnfo da tempada (50-45).
Olga Fedorova (15) e Ana Marín (13) mantiveron ao equipo no encontro, aínda que a eliminación por faltas desta última a falta de 7 minutos foi unha laxa demasiado pesada para o equipo arxilista nos minutos finais.
PABELLÿN OURENSE (50): Begoña (8), María José (7), Alba (9), Arancha (7), Miriam, María Álvarez (5), Verónica, María Quiroga (6), Nuria (8), Laura, Olga.
CB ARXIL (45): Carla (2), Ana (13), Andrea (2), Zara Huntley (1), Olga (15), Jara (9), Marina, Sandra, Natalia (3), Cris.
Árbitros: Godoy Morillo e García Fernández.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón dos Remedios de Ourense.