Lupe Murillo, na súa primeira rolda de prensa como presidenta: "Se hará lo posible por salir en Segunda B"
Facer do Pontevedra un club "con futuro, saneado y ejemplo de seriedad y de rigor". ÿ a declaración de intencións que fixo Lupe Murillo na súa primeira rolda de prensa como presidenta do Consello de Administración do Pontevedra. Nin 24 horas leva á fronte da entidade e xa quixo deixar claras as liñas mestras que pretende aplicar na súa xestión, á que promete achegar "mucho trabajo, dedicación y ganas de hacerlo bien".
Sen entrar a detallar aínda o seu proxecto para o club, Lupe Murillo si quixo avanzar que "no vengo aquí a liderar un proyecto para dejar más hundido a este club, sino para sanear sus cuentas y para que tenga un futuro". Neste sentido, afirmou que chega ao Pontevedra para "arreglar el pasado" e responsabilizarse dunha situación "complicada". Aposta pola viabilidade do club e por conseguir "ser un freno para que lo que ya pasó, no pase más".
Murillo insistiu en que "no nací para ser presidenta del Pontevedra", senón que lle tocou por unha serie de circunstancias, entre as que citou a "coincidencia accionarial". Recordou que Pescamar, a empresa que dirixe, "tuvo que rescatar al club porque estaba en causa de disolución", o que o levou a ser o accionista maioritario. Ademais, destacou os trece anos que pasou no club, ao longo de diferentes etapas, e o seu "sentimiento de querer ayudar".
O Pontevedra, dixo, merécese "estar a la altura de la ciudad" e avanzou que nesta nova etapa "no hablaremos de deuda, sino de ilusión; no hablaremos de problemas, sino de soluciones". ÿ o momento, subliñou do "trabajo en equipo", polo que fixo un chamamento a todos aqueles que, desinteresadamente, queiran colaborar co club "siempre que vengan a aportar y no a crear problemas".
Lupe Murillo quixo agradecer tamén o apoio que recibiu dos seus compañeiros no Consello de Administración do club, ao nomeala conselleira por cooptación, o que lle permitiu acceder á presidencia. Un nomeamento, recoñeceu, que terá que ter ratificado na próxima Xunta de Accionistas. Ademais, gabou á afección do club polo apoio que presta ao equipo xa que nunca desfalecen.
Tras esta declaración inicial, chegaron as preguntas. A primeira era obrigada. O Pontevedra estará a tempada que vén en Segunda B ou en Terceira? Lupe Murillo asegurou ter falado diso co presidente do Puertollano e coa Federación Española de Fútbol. "No debo comentar el contenido de estas conversaciones", explicou, pero si quixo ser moi clara ao afirmar que "se hará lo posible porque este club salga en Segunda B".
"Habrá noticias muy ilusionantes a final de esta semana", chegou a afirmar Lupe Murillo con respecto ao futuro deportivo do club
Neste sentido, a presidenta do Pontevedra afirmou que "estamos en conversaciones para ver qué pasa con esa plaza". Recoñece que "hay presiones por todas partes", xa que o club insiste en que se o Puertollano renuncia a súa praza sería para eles, mentres que a federación manchega loita porque recaia noutro equipo da rexión, o Villarrobledo. A decisión será da Federación Española. "Nosotros aquí somos los terceros invitados a este juego".
"Habrá noticias muy ilusionantes a final de esta semana", chegou a afirmar Lupe Murillo, que avanzou que "mañana podremos saber algo más". O Pontevedra aceptará saír en Segunda B sempre que o organismo federativo non opte por cobrar diñeiro pola praza ou esixir un aval demasiado elevado, porque recordou que o club "hace un mes estaba en causa de disolución". Iso si, afirmou que "la ilusión la tenemos toda y la capacidad de buscar recursos, también".
PROXECTO DEPORTIVO
Con respecto ao proxecto deportivo do club, Lupe Murillo negou que os cambios que se produciron paralizasen a confección do equipo para a próxima tempada. Neste sentido, explicou que a comisión deportiva desvelará este mércores as últimas baixas que se producirán con respecto á pasada tempada e o nome de todos aqueles xogadores que recibiron unha oferta para renovar os seus contratos.
O Pontevedra quere manter, dixo, a metade da estrutura actual do equipo, "porque es competitiva y nos ha dado un playoff". A eles sumaranse unha serie de xogadores que sairán de "lo mejor que encontremos en esta categoría" e que sexan "polivalentes" por se finalmente o club compite en Segunda B. Será un equipo, sinalou, "ilusionante, sostenible, equilibrado y de futuro", cuxa composición espera que estea pechada "a finales de esta semana".
Lupe Murillo avanzou que "entre hoy y mañana" terá senllas conversacións co director deportivo do club, Milo Abelleira, e o adestrador do primeiro equipo, Manu Fernández. Iso non interferirá nas negociacións en marcha cos xogadores, tanto os que optan a renovar coma os que chegarán de reforzo. En todos eles, dixo, "hay ilusión" por formar parte do Pontevedra, xa que "se les va a tratar bien y se va a cumplir con todo lo que se les diga".
Relacionadas:
-
A Federación decide poñer prezo á praza do Puertollano: 200.000 euros, con prioridade para o Villarrobledo
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
O Puertollano non sairá na Segunda B; o Pontevedra, pendente da Federación
Por Alejandro Espiño |
-
Lupe Murillo releva a José Manuel Fernández no Consello e a Presidencia do Pontevedra
Por Redacción |