O Cisne arroia a un descoñecido Atlético Novás (34-26)
Por Redacción
O Cisne faise forte na casa para asentarse na zona media da clasificación da Primeira Nacional. Logo de perder o primeiro encontro como local ante o Café Toscaf, os de Milucho sumaron catro vitorias na pista do Centro Galego de Tecnificación Deportiva. A última delas, este sábado ante un dos rivais da zona alta, o Mecalia Atlético Novás (34-26).
Os pontevedreses realizaron un gran encontro mandando dende os primeiros minutos e cortando en todo momento as posibilidades de reacción do equipo visitante, que logrou manterse cerca no marcador ata o descanso (15-13), pero que acabou por ceder na segunda metade ante o empuxe dun Cisne con moita confianza nas súas posibilidades.
O final do choque converteuse nunha exhibición dos locais, que con estes dous puntos logran un cómodo colchó cos postos baixos da clasificación. A próxima xornada o Cisne viaxará a León para medirse a outro dos equipos complicados da competición, o filial do Club Deportivo Ademar.
CISNE BM (34): José Antonio Lafuente, Pachi Dacosta (2), Adrián Freiría (4), Pablo Domínguez (10, 1p), Pablo Picallo (4), Bruno Montesinos (1), Alberto Casares (7), Martín Iglesias (3), Iván Abilleira (1), Pablo Galán, Javier Vázquez, Álex Chan (2), Miguel Simón, Daniel Puente.
MECALIA AT. NOVÁS (26): Esteban, Paulo Dacosta (5), Roberto Rodríguez (1), Miguel Frigo (6), Ramón Martínez (5), José Candelosa, Manuel Martínez (5), Jorge Pousa (1), Jacobo Coello (2), Gabriel Lomba (1), Carlos Rodríguez, Iago Flores, Miguel Trigo, Marcos González.
Árbitros: Gheorghe Axanciuc e David Soriano (colexio madrileño).
Marcador cada cinco minutos: 4-2, 7-6, 9-8, 12-10, 14-11, 15-13, descanso, 19-14, 22-17, 26-18, 27-21, 31-24, 34-26.
Incidencias: Partido disputado en el pabellón del Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.