Seis clubs toman parte no Campionato Galego Infantil de waterpolo
Por Redacción
O Club Waterpolo Galaico Pontevedra exercerá este sábado, 14 de xuño, de anfitrión no Campionato Galego Infantil de waterpolo.
A piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva acollerá o torneo nunha xornada intensiva que arrancará ás 9:00 horas da mañá.
Sete equipos competirán polo campionato, os conxuntos A e B do Galaico xunto a Marina Ferrol, RCN Vigo, Asociación Coruñera de Waterpolo, CN Coruña e CW Santiago.
O cadro arrancará nos cuartos de final cun equipo, o Galaico A, clasificado directamente para as semifinais como actual campión de liga.