Segundo posto para o Galaico no Campionato Galego Promesas
Por Redacción
A piscina do Real Club Náutico de Vigo acolleu o pasado sábado o Campionato Galego Promesas de natación, coa presenza de 12 equipos da Comunidade Autónoma.
Os nadadores máis pequenos dos clubs enfrontáronse a probas como os 50 metros bolboreta, 50 braza, 50 costas, 50 libres e o relevo 10x25 metros.
A clasificación final da xornada encabezouna o Club Natación Ferrol con 223,5 puntos, por diante do Club Natación Galaico, segundo con 214 puntos, e Club Marina Ferrol, que pechou o podio con 182 puntos.