Bo papel do Club Natación Sincronizada Pontevedra e Galaico Sincro no Campionato Galego
Por Redacción
O Campionato Galego Nivel de Verán de natación sincronizada reuniu sete clubs o pasado fin de semana na piscina olímpica de Ponte Muiños.
Cunha elevada participación de nadadoras en idade Alevín, Infantil e Xuvenil, os clubs pontevedreses contaron cun gran protagonismo.
O club con mellor puntuación na clasificación combinada foi o Club Natación Sincronizada Ourense, seguido do Club Natación Sincronizada Pontevedra en segundo lugar e do Real Club Náutico de Vigo no terceiro.
Pola súa banda o Galaico Sincro finalizou no cuarto posto nunha competición na que tamén tomaron parte o Sincro Ferrol, Porta Miña e Rías Baixas.