Galicia e Andorra asinan táboas nun vibrante partido
Por Redacción
Gran xornada de rugby no campo de Monte Porreiro, vestido de gala para recibir o primeiro partido como local da selección galega na HistoriCup.
Tras a alegría que supuxo a permanencia do Vigo Rugby na máxima categoría nacional, Galicia saltou ao campo pontevedrés coa intención de ofrecer unha boa imaxe e esquecer a súa derrota ante Euskadi na primeira xornada.
Conseguiuno o combinado autonómico, que empezou dominando a Andorra, unha selección a priori superior.
Desta forma Galicia logrou chegar ao descanso con vantaxe, pero tras a reanudación o conxunto andorrano asumiu a iniciativa para empatar o partido (13-13).
A selección galega tivo a opción de desnivelar o marcador nos últimos minutos, pero conformouse con rabuñar un meritorio empate.