Un día de clase con David Cal no CEIP Campolongo
Por Diego Espiño & Mónica Patxot
Como se compaxinan o deporte de elite e os estudos ou a que idade probou por primeira vez o piragüismo. Son algunhas das preguntas que os alumnos de sexto curso de primaria do CEIP Campolongo puideron realizarlle este venres a David Cal.
O deportista español con máis medallas olímpicas no seu palmarés contestou con paciencia as dúbidas dos novos estudantes, encantados coa súa proximidade nunha charla celebrada no salón de actos do centro educativo.
Acompañado do adestrador de piragüismo do Club Naval, Cal animou aos presentes a probar este deporte, no que el leva, segundo recoñeceu, desde os 8 anos.
O MUNDIAL DE MOSCÿ, PRINCIPAL OBXECTIVO DE 2014
En canto á súa preparación de cara á próxima cita olímpica de Río 2016, o canoísta recoñeceu que "aún estoy un poco fuera de forma" despois de que o pasado ano case non adestrase, pero asegura atoparse cada vez mellor e a gusto en Brasil, onde se prepara xunto ao equipo carioca dirixido por Suso Morlán.
Alí atopouse un clima propicio para afinar o seu estado de forma, xa que "si hubiese estado aquí en invierno no hubiese entrenar en condiciones, porque el río bajaba con mucha fuerza, basura y ramas", asegurou Cal.
O campión olímpico, en declaracións a PontevedraViva, afirmou ademais que o seu principal obxectivo da presente tempada é o Campionato do Mundo do próximo mes de agosto en Moscú, pero antes deberá gañarse a praza nun control selectivo organizado pola Federación Española: "El objetivo es llegar a Moscú y allí probarme a ver cómo estoy", revelou o deportista antes de comezar o acto.