O Body Sport Team pontevedrés copa o podio do Campionato Galego de Fisioculturismo
Por Redacción
O Body Sport Team de Pontevedra dominou o recentemente celebrado Campionato Galego e Norte de España de Fisioculturismo e Fitness.
Narón acolleu unha competición na que Carlos Remeseiro proclamouse campión absoluto, seguido dos seus compañeiros de club Iván Rodríguez e Jorge Núñez, mentres Javier Barros ocupou a sexta posición.
Un total de 40 competidores déronse cita na proba, que noutras categorías caracterizouse pola igualdade e tamén con notables resultados para o club lerezano, con Eloy González na terceira posición da clase Men Fashion Talla Alta e Iván Castesana na segunda en Men Fashion Talla Baixa.
Carlos Remeseiro, Jorge Nuñez, Iván Rodriguez e Javier Barros, xunto ao seu preparador Julio Pampín, viaxarán nuns días a Valencia en busca do seu próximo obxectivo, lograr unha praza para o Mundial da especialidade.