Unión Grove e Pontevedra B empatan a aburrimento
Por Redacción
Partido para esquecer o xogado no Monte da Vila do Grove. Unión e Pontevedra empataron a case todo (0-0) nun encontro marcado polas escasas ocasións de gol e polas expulsións. Ata dous sufriron os locais por unha o filial granate, todas elas na última media hora de xogo.
O Pontevedra B non soubo aproveitar os minutos que puido xogar cun home máis sobre o campo a pesar de gozar da ocasión máis clara de encontro.
A repartición de puntos non satisfai a ningún dos dous equipos, aínda que a situación do filial segue sendo máis preocupante ao non lograr despegarse dos postos perigosos da clasificación.
O Pontevedra xuvenil empata en casa ante o Sporting
O xuvenil granate de División de Honra volveu ver como se escapaban dous valiosos puntos nos últimos minutos de partido (1-1). Os pontevedreses atópanse en postos de descenso, a un punto da zona de salvación que marca o Rayo Cantabria.
USD O GROVE: Jose, Miguel, Kike, Borja (Rafa, min.86), Ameixeiro, Iago Nogueira, Iago (Nico, min.86), Iván, Jandro (Mateo, min.58), Félix (Turu, min.58), Javichu.
PONTEVEDRA CF B: Edu, Uru, Alves, Cristóbal, Collazo, Porto (Héctor, min.56), Víctor, Paco, Otero (Adán, min.77), Pingüi (Pedro, min.75), David Eirín (Diego Álvarez, min61).
Árbitro: Barros Vidal (A Coruña). Amonestou ao jugador local Borja. Expulsou por dobre cartón a Kike no Grove (min.65) e a Héctor no Pontevedra (min.76) e por tarxeta vermella directa ao grovense Ameixeiro (min.91).
Incidencias: Partido disputado no Monte da Vila, O Grove.