A esgrima pontevedresa exhíbese no Trofeo Rías Baixas
Por Redacción
Era a primeira edición do Trofeo Rías Baixas de esgrima pero pode que non a última. O éxito organizativo da proba, a cargo da Escola Hungaresa de Pontevedra, anima a pensar nunha nova edición que supere a participación do pasado fin de semana, coa presenza de 18 clubes de diferentes puntos de España e Portugal.
A escola pontevedresa pechou a competición disputada no Pavillón Municipal con nove medallas nas diferentes categorías.