O Sanxenxo golea un Marín que roza o ridículo e provoca o enfado do seu adestrador
Por Redacción
Goleada do Sanxenxo ante un Marín decepcionante e como resignado á súa sorte que fixo estalar o seu técnico, Toño Lodeiro, ao finalizar o partido. O equipo que adestra ÿscar García non deu a máis mínima opción aos marinenses e abriron o marcador na primeira parte con dous goles de Alfonso e Diego Blanco, completando a goleada na segunda metade Cuchi, Nel e Diego Vidal.
Os primeiros goles chegaron en senllas accións mal defendidas polos visitantes, o primeiro ao aproveitar Alfonso un balón morto dentro da área, á saída dun corner, para bater dende preto a Pablo, e o segundo tras unha xogada de Curri que Diego Blanco empurra dende moi preto, libre de marca.
Na reanudación o Sanxenxo tardou pouco en sentenciar e así Nel aproveita un novo despiste da zaga marinense para marcar. Xa na recta final Cuchi aproveita un centro de Diego Vidal para marcar e co tempo case cumprido Diego Vidal pechou a goleada nun contraataque.
Ao termo do partido o adestrador marinense, Toño Lodeiro, cargou contra a actitude e o conformismo dos seus xogadores, esixindo reforzos á directiva para continuar á fronte do equipo.
SANXENXO (5): Vladimir, Minso, Fiti, Zalo, Alfonso, Javi (Rubén, min. 63), Diego Blanco (Darío, min. 57), Cañi (Suso, min. 69), Cuchi, Nel e Curri (Diego Vidal, min. 46).
MARÍN, C.F. (0): Pablo, Alfonso (Edu, min. 82), Romero, Tinaia, Hayk, Andrés (Álex, min. 18), Agustín, Javi, Dani (Barros, min. 75), Vila e Darío.
Goles: (1-0) Min. 14: Alfonso. (2-0) Minuto 36: Diego Blanco. (3-0) Minuto 50: Nel. (4-0) Minuto 85: Cuchi. (5-0) Minuto 90: Diego Vidal.
Árbitro: Cinza Seoane (Ferrol). Amoestou a Romero, Tinaia e Hayk. Expulsou a Minso e Villaverde (min. 53), por agresión mutua.
Incidencias: Campo Municipal de Baltar de Arriba. Algo menos de 200 espectadores.