O Waterpolo Galaico afronta o primeiro partido da final galega en Coruña
Por Redacción
A piscina de INEF, na Coruña, será escenario este sábado (16:00 horas) do primeiro asalto polo título galego entre Waterpolo Galaico e Club Natación Coruña.
Os pontevedreses teñen a oportunidade de defender o campionato logrado por primeira vez hai un ano ante oSantiago.
O Galaico intentará lograr na cidade herculina un bo resultado que lle permita rematar a eliminatoria, ao mellor de tres partidos, en Pontevedra ao contar coa vantaxe de campo que lle outorga ter finalizado en primeiro lugar a liga regular.
A xornada en Coruña complétase co partido de ida da final da 2ª Galega.
Co obxectivo de que poidan asistir ao partido os afeccionados que o desexen, o Waterpolo Galaico poñerá a disposición de xogadores do club e seguidores un autobús para desprazarse ata A Coruña.
O prezo do autocar, que partirá de Pontevedra ás 13:30 horas do sábado, será de 5 euros ou de 10 se se adquire unha camiseta do Galaico.
Os interesados poden reservar a súa praza enviando un correo electrónico a waterpolo@cngalaico.com.