O Teucro afúndese nos minutos finais e cae na cancha do Adelma Sinfín (28-25)
Por Redacción
O Teucro volveu a desfallecer nos últimos minutos ante un dos equipos da parte alta da clasificación, o Adelma Sinfín. O resultado final en Santander (28-25) non reflicte a igualdade vivida durante o choque, no que os pontevedreses chegaron a dominar ao seu rival ata o minuto 15 do segundo tempo.
A lesión de Miguel Porto, cunha picada no xemelgo, nos primeiros minutos do segundo acto, unido aos problemas que arrastran varios dos xogadores de Javier Barrios dende hai varias semanas, terminaron por pasar factura aos teucristas no último tramo do encontro, facendo inútil o bo traballo realizado ata entón.
A expedición do Teucro quéixase de rigorosidade da parella arbitral en minutos crave do encontro, principalmente co xogo pasivo en ataque dos pontevedreses.
ADELMA SINFÍN (28): Villamarín, Llata, Muñiz, Alonso, Guillermo, Bárcena, Blázquez (7), Novella (2), Lon (2), Álvarez (5), Muñoz (6), Manrique, Caballero, García (6), Herrero.
SD TEUCRO (25): Juan Bar, Toño Fernández (8), Alejandro Pombo (1), Miguel Porto, Tomás Moreira (2), José Manuel Rial (4), Didac Villar (2), Sío López, Carlos Pombo, David Chapela (3), Borja Pedreira (5), Gonzalo Garcia-Alén.
Árbitros: Pedro José Amigo e Javier Espadas.
Marcador cada cinco minutos: 1-2, 2-3, 5-5, 7-6, 9-10, 11-12, descanso, 12-14, 14-16, 18-18, 20-19, 24-20, 28-25.
Incidencias: Partido disputado no Pabellón de la Albericia, Santander.