O Portonovo gaña en Ourense (1-2) e continúa a súa escalada
Por Redacción
O Portonovo pode esquecer xa posibles sobresaltos na parte final da tempada despois de lograr un valioso triunfo na casa do Ourense B (1-2) que o afasta definitivamente dos postos perigosos.
O conxunto arlequinado suma a súa cuarta vitoria nos últimos cinco partidos para ascender ata a novena praza, con oito puntos de vantaxe sobre a zona de posibles descensos por arrastres e a só seis do cuarto.
Ante o filial ourensano o Portonovo tirou de pegada na segunda metade para poñerse 0-2 cos goles de Iván Piñeiro e Álex Cubas.
Esteban recortou distancias a falta de 10 minutos poñendo emoción á recta final do choque, pero o Ourense non foi capaz de lograr o empate.
CD OURENSE B (1): Miguel, Álex (Víctor, min.73), Jesús, Senén, Rubén, Álvaro (Adrián, min.73), Esteban, Gabriel, Pablo, Omar, Carlos.
PORTONOVO SD (2): Iván Parada, Gándara, Suso Vidal, Nacho, Brian, Suso Martínez, Luis Alberto, Suso Bea, Iván Piñeiro (Docampo, min.88), Álex Cubas, David (Marcos, min.78).
Árbitro: Fontes Mosqueira (Santiago). Amoestou aos locais Gabriel, Jesús, Pablo, Esteban, Álex, Senén e Adrián e aos visitantes Suso Bea, Suso Vidal e David. Expulsou ao adestrador do Ourense B, Manel Vázquez (min.36).
Goles: 0-1 Iván Piñeiro, min.58; 0-2 Álex Cubas, min.75; 1-2 Esteban, min.80.
Incidencias: Partido disputado no Campo da Aira de Velle, Ourense.