Esvarón do Xuventú Sanxenxo (0-2) ás mans do Porriño Industrial
Por Redacción
Foi posiblemente o peor partido da tempada do conxunto amarelo. Nin sequera de penalti foi capaz o Xuventú Sanxenxo de bater un Porriño Industrial, que deu a sorpresa e o fixo de forma xusta, nun encontro que controlou e dominou case en todo momento.
Os locais necesitaban volver gañar tras a derrota da Estrada para non ver comprometido o seu liderado, pero non o conseguiron e quedan a expensas do que faga o seu rival, o Ribadumia, que podería arrebatarlles o primeiro posto da táboa.
Malia que nos primeiros minutos os de ÿscar García parecían impoñer a súa superioridade, forzando un penalti por derrubamento a Diego Blanco, que Nel non lograría transformar, pronto os visitantes comezaron a sentirse cómodos, sen pasar excesivos apuros.
O momento clave do partido chegaba pasada a hora de xogo, cando tras serlle anulado un gol ao Sanxenxo, por falta previa, o Porriño se adiantaba por medio de Javi Prieto, sen que o conxunto amarelo fose capaz de sobrepoñerse ao tanto, e mesmo no último instante encaixaba o segundo, obra de Pedro.
XUVENTÿ SANXENXO (0): Velay; Darío, Fiti (Dani Muradás, min. 64), Javi, Fon, Tinaia (Deivi, min.73), Diego Blanco, Cañi, Cuchi, Nel e Cerqueiras.
PORRIÿO INDUSTRIAL (2): Moia; Marcos, Marquitos, Isma (Samu, min.84), Álvaro, Manu, Javi Prieto (Pedro, min. 71), Quini (Veloso, min. 73), Adrián, Tavi e Edu.
Árbitro: Carlos Fernández Lodeiro (Santiago), auxiliado nas bandas por Abel Fernández Lodeiro e Noel Villamor Rial. Expulsou con vermello directo o xogador local Cerqueiras (minuto 89). Amoestou aos locais Javi e Cañi, e aos visitantes Marcos, Manu, Álvaro e Eloy.
Goles: (0-1) Min 68: Javi Prieto. (0-2) Minuto 89: Pedro.
Incidencias: Campo Municipal de Baltar de Arriba (Sanxenxo). Uns 150 espectadores.