Brillante despedida de curso do Peixe Galego con triunfo en Guadalajara (70-92)
Por Redacción
O triunfo dos seus rivais directos deixoulle sen as mínimas opcións que aínda tiña de clasificarse para o play-off polo título da Adecco Plata, pero o Peixe Galego si cumpriu a súa parte gañando nunha cancha difícil, a do CEBA Guadalajara (70-92).
Os de Marín despedíronse ao grande da tempada nun encontro no que arrasaron o seu rival.
Despois dun primeiro cuarto igualado o equipo 'peixe' pegou un estirón para abrir oco no electrónico (32-47 ao descanso) e manter con relativa comodidade esa renda ata o final do choque.
Gregorio Adón (17) e Dirugeris (14) foron os xogadores máis destacados no apartado anotador no equipo marinense, que conclúe a liga no undécimo posto.
CEBA GUADALAJARA (70): Maximiliano Sole (14), Raúl Lázaro (7), Javier Medori (5), Eduardo Guillén (15), Álvaro Martín (4) -cinco inicial- Eduardo Durán (12), Sergio Vidal, Radovan Kouril (3), Javier González (10).
MARÍN PEIXE GALEGO (92): Manu Ferreiro (6), Gregorio Adón (18), Joseba Aranburu (8), Garfield Blair (12), Mark Dirugeris (14) -cinco inicial- Bandoumel (13), Víctor García (3), Luis González (5), Lucho Fernández (11), Cedric Belemene (2).
Árbitros: Pagán Baró e Mendoza Holgado. Sen eliminados.
Parciais: 18-19, 14-28, 18-28, 20-19.
Incidencias: Partido disputado no Polideportivo San José de Guadalajara.