A Infanta Elena amadriña o Centro Nacional de Vela Adaptada de Sanxenxo
Por Diego Espiño
O Centro Nacional de Vela Adaptada xa é unha realidade en Sanxenxo. As instalacións do Real Club Náutico inauguraron oficialmente un proxecto que trata de achegar o deporte da vela a persoas con mobilidade reducida.
Esta iniciativa promovida pola Fundación Mapfre arrincou cunha demostración á que asistiu a Infanta Elena, madriña do proxecto, "son diez escuelas similares las que tenemos ya en España para que todos puedan acceder a este deporte con independencia de sufrir una discapacidad".
O obxectivo é que cada semana unha media de 30 persoas poidan gozar dos bautismos de mar ou cursos de iniciación. En total serán máis de 400 persoas con diversas discapacidades as que poderán acceder ao Centro de Vela Adaptada nos próximos meses.
Os cursos constan dunha parte teórica para posteriormente poder saír ao auga e practicar coas embarcacións. Este punto é o que os protagonistas da xornada recoñecen gozar máis, "es una sensación maravillosa, nos lo pasamos en grande. Me parece que todo el grupo que vinimos decimos que hay que repetir", asegura Susi Maquieira, quen recoñece ademais que lentamente se van superando certos prexuízos, "había barreras pero poco a poco vamos haciéndonos un hueco en la sociedad, aunque aún queda mucho por hacer".
Unha das principais características das cinco embarcacións adquiridas polo Real Club Náutico é que, ao estar tripuladas por persoas con mobilidade reducida, un sistema redirecciona todos os cabos do barco a un só punto para controlalo e manexalo con maior facilidade.