O Villalonga gaña ao Valladares (3-1) e colócase a un punto do ascenso
Por Redacción
Xornada redonda para e Villalonga adestrado por Julián Ferreiro, que se mete de cheo na loita pola segunda praza tras vencer ao Valladares (3-1) en San Pedro.
Os celestes sen embargo tiveron que empregarse a fondo ante un rival moi combativo que chegou a adiantarse no marcador a pouco de iniciarse o choque, por mediación de Ero.
O conxunto local non desesperou e logrou remontar xa antes do descanso, grazas aos goles de Jorge Fernández e Adrián.
Na segunda metade o partido mantívose aberto ata a sentenza, nos últimos minutos, de Antonio.
Con este triunfo, unido á derrota do Ribadumia, o Villalonga sitúase na terceira praza a un só punto do ascenso directo.
VILLALONGA FC (3): Lloves, Leo, Cristóbal, Manu, Jorge Fernández (Gabriel, min.80), Saúl (Caamaño, min.3), Machu, Alberto, Adrián, Arias, Antonio (Giao, min.86).
CD VALLADARES (1): Denis, Cristian (Riveiro, min.71), Xesús, Calado (Costas, min.77), ÿscar Pérez, Estévez, Castro, Bruno, Marcos, Ramilo (González, min.62), Ero.
Árbitro: Mella Fernández (A Coruña). Amoestou a Lloves, Adrián e Cristóbal nos locais, expulsando ademais a Alberto por dobre cartón (min.79).
Goles: 0-1 Ero, min.28; 1-1 Jorge Fernández, min.32; 2-1 Adrián, min.39; 3-1 Antonio, min.86.
Incidencias: Partido disputado no campo de San Pedro, Vilalonga.