Dous goles na recta final achegan o Pontevedra B á permanencia (2-0) complicando ao Céltiga
Por Redacción
Tres puntos conseguidos na recta final do partido. Coa vitoria sobre o Céltiga o Pontevedra B acaricia a permanencia a falta de oito xornadas, á vez que complica ao conxunto insular, que queda rozando os postos de descenso e pendente de posibles arrastres por descensos de terceira.
Igualdade na primeira parte, cunha primeira ocasión para os visitantes, en remate de Galdames que Adrián manda a corner. A segunda metade foi de cor granate, se ben os goles se fixeron esperar. Diego abría a conta a falta de 11 minutos, e Adrián Martínez certificaba a vitoria dos de Blas Charlín, cando se cumpría o tempo regulamentario.
PONTEVEDRA B (2): Adrián; Puyi (Dani Adán, min. 89), Alves, Marou, Collazo, Emilio, Paco (Adrián Martínez, min. 88), Héctor, Diego, Félix (Pedro, min. 82) e Víctor (Ismael, min. 58).
CÿLTIGA FC (0): David; Eugenio (Rubén, min. 79), Carlos, Yago Nogueira, Iago Martínez, Rober, Unai (Borja, min. 70), Lucas, Birlo, Galdames e Borja Janeiro.
Árbitro: Rafael de la Torre Sas (Ourense), auxiliado nas bandas por Dacal Rodríguez e Martínez Pérez. Amoestou polos granates a Alves, Marou, Paco e Ismael, e a Eugenio, Iago Martínez e Galdames, polo conxunto visitante.
Goles: (1-0) Minuto 72: Diego. (2-0) Minuto 90: Adrián Martínez.
Incidencias: Sintético da Xunqueira. Uns 75 espectadores.