Esperta a tempo o Arxil para derrotar (79-73) o Aros León e seguir soñando coa cuarta praza
Por Redacción
Sufrido e traballado triunfo do Club Baloncesto Arxil na visita do Aros León ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra (79-73).
As verdes poden permitirse seguir soñando na cuarta praza, que se mantén a dous triunfos de distancia.
Sen embargo non o tivo doado o conxunto pontevedrés nun partido marcado pola igualdade pero no que as visitantes foron moitos minutos por diante.
De feito as xogadoras adestradas por Mayte Méndez tiveron que remontar nun último cuarto no que a defensa resultou clave, deixando as leonesas en só 10 puntos.
A falta de tres xornadas o Arxil necesita un pleno de vitorias e tropezos de Avilesino e Celta para poder disputar o play-off de ascenso.
CB ARXIL (79): María González (20), Ana Martín (8), Carla Fernández, María Lago (17), Minata Keita (17) -cinco inicial- Andrea Carrera (4), Fany López (1), Cristina Díaz-Pache, Sandra Entenza (5), Pilar Martínez (7).
AROS LEÿN (73): Lucía Alonso (16), Silvia Fernández (12), María Herrero (4), María Isabel García (4), Jennifer Sandria (19) -cinco inicial- Ángela Alonso (2), Virginia Martínez, Carmen Mayo, Teresa López (16).
Árbitros: Fuentes González e López Folgueiras. Eliminada por faltas María Herrero no conxunto visitante.
Parciais: 23-22, 17-22, 17-19, 22-10.
Incidencias: Partido disputado no pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, Pontevedra.