Marín celebra a permanencia dun Peixe Galego que se complica o playoff tras caer (70-91) fronte o Palma
Por Redacción
Obxectivo cumprido... a medias. O Marín Peixe Galego certificou este sábado a súa continuidade na Adecco Prata, a categoría do bronce do baloncesto español. Non o fixo gañando, senón pola derrota do último clasificado, o Askatuak, que xa non pode alcanzar aos marinenses. Pero o soño do playoff de ascenso complícase. E todo pola contundente derrota que sufriron na Raña (70-91) ante o Palma Air Europa.
Pouco puido facer o Peixe Galego fronte a un rival moi superior. Desde os primeiros minutos, o Palma saíu en tromba. Grazas ao acerto de Cruz nos triplos e o apoio de Pantín na pintura, os insulares colocáronse rápidamente 5-21 no ecuador do primeiro cuarto. Ambos foron un pesadelo para os locais, logrando 18 puntos cada un. Tamén sufriron, como todo o mundo, a DiBartolomeo, que anotou 17 puntos.
O potencial ofensivo mallorquín lucíase na Raña, que padeceu ao final do primeiro cuarto cun 17-33 que deixaba claro o rumbo que tería o partido. No segundo cuarto proseguiu o festival do Palma. En cinco minutos, catro triplos de DiBartolomeo e Pampín elevaron a vinte a vantaxe visitante (27-47). Con ese mesma marxe chegouse ao descanso, 36-56.
Trala reanudación, freouse o ritmo do partido e aínda que os mallorquinos seguindo dominando o encontro, atrás quedaba a súa intensidade ofensiva. Foron entón os mellores minutos dun Peixe Galego no que destacou, por encima de todos, o empuxe de Lucho Fernández, que lle puxo casta e orgullo a un equipo que finalmente acabaría perdendo por 21 puntos de marxe.
Con esta derrota, o Marín Peixe Galego segue décimo na clasificación con oito vitorias e trece partidos perdidos. Coa permanencia asegurada, terá que empregarse a fondo para lograr coarse no playoff de ascenso. Está a unha vitoria do oitavo e o noveno clasificado, Araberri e Zornotza respectivamente, cando restan tres partidos por disputarse.
MARÍN PEIXE GALEGO (70): Manu Ferreiro (3), Bandoumel (2), Gregorio Adón (12), Aramburu (12), Dirugeris (12) -cinco inicial- Darío Suárez, Víctor García, Lucho Fernández (14), Blair (7), Luis González (8), Belemene.
PALMA AIR EUROPA (91): Antonio Pantín (18), Di Bartolomeo (17), Cañellas (4), Blair (8), Cruz Espinosa (18) -cinco inicial- Androver (2), Gabriel Torres (14), Llompart, Vicens (4), Israel Pampín (6).
Árbitros: Zamora Rodríguez e Garmendia Zorita. Sen eliminados.
Parciais: 17-33, 19-21, 18-20, 16-17.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón da Raña.