Calvo Xiria non dá opción ao Balonmán Pontevedra (30-19)
Por Redacción
Non puido evitar o BM Pontevedra que o Calvo Xiria fixese bos os prognósticos e lograse unha vitoria que lle permita seguir na loita polo ascenso. Os de Pedro Pérez apenas lograron resistir os primeiros quince minutos de partido, para ver como o equipo de Carballo se escapaba logo no marcador ata irse ao descanso xa cunha cómoda vantaxe de sete goles.
A segunda parte foi máis equilibrada, e o Balonmán Pontevedra conseguiu manter a diferenza, aínda que os de Carballo ampliarían a brecha nos últimos cinco minutos de partido, para conseguir unha vitoria ampla e clara.
CALVO XIRIA (30): Santiago Gómez, Martín Gómez; Ramón Suárez (2), Javier Rodríguez (2), Martín Alfetrán (4), Alejandro Zas (4), Brais Puñal (2), Alejandro Calvete (2), Jorge Bouzas (3), Rubén Anes, Sergio Facal (3), Iván Campos (1), Manuel Méndez (3) e Gonzalo Pombo (4).
BALONMÁN PONTEVEDRA (19): Pablo Galán, Anxo Otero; Jorge Rodríguez, Domato, Fernando Rey (6), Javier Suárez (3), Alberto Garrido (3), Daniel Gómez, Ángel Soliño (5), Jaime Iglesias (1), Gonzalo García (1) e Hugo Urtaza.
Árbitros: Sergio Rodríguez Estévez e Andrés Rosendo López (Colexio galego). Excluíron por dous minutos a Ramón Suárez (2), Javier Rodríguez, Brais Puñal e Manuel Méndez, polo conxunto local, e a Jorge Rodríguez (3, descualificado no minuto 33), Javier Suárez, Alberto Garrido e Jaime Iglesias, polos visitantes.
Marcador (cada cinco minutos): 4-2, 4-2, 6-3, 9-4, 12-5, 14-7 (descanso), 14-7, 18-11, 20-13, 22-15, 25-18 e 30-19 (final).
Incidencias: Pavillón Zona Escolar (Carballo).