Pontemuiños acolle o sábado o campionato galego de inverno de rutinas combinadas
Por Redacción
A piscina da Fundación Rías Do Sur, en Pontemuiños, acollerá o sábado, a partir das 17:00 horas, a primeira gran cita da natación sincronizada galega da presente tempada, coa disputa de Campionato Galego de Inverno, na modalidade de Rutinas Combinadas.
Daranse cita os principais clubs da comunidade, que concorrerán cos seus equipos de nivel, os máis tecnificados da natación sincronizada galega, nas categorías alevín, infantil e xuvenil.
As rutinas combinadas son consideradas as máis vistosas da natación sincronizada por agrupar, nun só exercicio, as principais modalidades de só, dúo e equipo.
Neste campionato a sincro pontevedresa estará representada polo Club Natación Sincronizada Pontevedra e o Club Galaico Sincro.