Sobre todo Ella presenta en directo 'Eclipse de luna rota', o seu primeiro álbum
Por Diego Torrado
Sara Castro e Jaime Carbajo preséntanse como Sobre todo Ella, un dúo formado entre Santiago e Pontevedra que neste ano están a presentar o seu primeiro traballo xuntos, que leva por título Eclipse de lúa rota. Neste álbum autoproducido ofrecen un amplo repertorio de versións e temas propios, con cancións tan coñecidas como Here comes the sun de The Beatles, It`s not unusual de Tom Jones ou Moriría por vos de Amaral. Trátase dunha fusión de estilos que xorden da combinación destes dous músicos que contan cunha xa dilatada experiencia no terreo artístico.
O seu son caracterízase por ser doce, pero intenso e cheo de matices. Así o demostraron no concerto que ofreceron no Pequeno Karma, onde ofreceron un directo acústico e próximo que congregou numerosos seguidores deste novo dúo musical.
Algúns temas do seu repertorio poden escoitarse neste enlace: http://sobretodoella.bandcamp.com/