A Coordinadora de Normalización da Lingua e Kalandraka reciben os premios Xoán Manuel Pintos
Por Redacción
Os premios Xoán Manuel Pintos concédense cada dous anos e, nesta ocasión, o xurado decidiu que a Coordinadora de traballadores de Normalización dá Lingua (CTNL) e a editorial Kalandraka lograsen este galardón.
No caso da CTNL, o premio concédese polo traballo desenvolvido dende a última edición do premio na campaña Gústame o Galego. Esta campaña, xurdida no seo da asociación, estendeuse por toda Galicia e conseguiu chegar aos máis diversos ámbitos sociais. Neste proxecto visibilizan se os apoios individuais ao uso da lingua e relaciona o idioma galego coas redes sociais e con internet. O xurado valorou tamén a profesionalidade dos seus membros co activismo social e o compromiso persoal e colectivo coa lingua. Na concesión do premio faise un expreso apoio aos servizos de normalización lingüística dos Concellos, que ao longo dos últimos anos sufriron fortes recortes.
O galardón ao premio a un longa traxectoria recaeu na editorial, Kalandraka. A súa unión da lingua galega a libros escritos e ilustrados tanto por profesionais galegos como por creadores internacionais amparan a entrega deste premio. Segundo o xurado, Kalandraka ofrece produtos que chegan directamente ás familias, facendo normal que o galego sexa a lingua da imaxinación para os máis pequenos. Esta editorial, ademais, fomenta a lectura a través de colaboracións con centros de ensino, entidades e asociacións de Pontevedra.
Os premios foron entregados polo Alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, nun acto que se desenvolveu no Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA) coa actuación do grupo Pi Graos.