Chega a Pontevedra a 'Xira Senlleira' de Os da Ría
Por Diego Espiño
O Teatro Principal de Pontevedra acollerá o próximo sábado, día 26 de outubro (21:00 horas) o espectáculo humorístico-musical de Os da Ría, dentro da súa Xira Senlleira.
Arturito Puy e Fabían Santomé (Carlos Meixide e Tomás Lijó na vida real), prometen aos asistentes "pasalo cachirulo" cun concerto no que repasarán os temas do seu traballo Disco Díscolo, baseado na tradición da música galega lixeira cun discurso retranqueiro co que esperan arrancar os sorrisos do público.
Acompañado da banda de Os Homes sen Medo mesturarán temas cantareiros e taberneiros con outros dedicados a personaxes como a Infanta Elena ou o xornalista Fernando ÿnega.
Un ano despois de sacar á luz o Disco Díscolo en Pontevedra, no Culturgal, Os da Ría aseguran "pechar un círculo" coa súa actuación en Pontevedra.
As entradas, cun prezo de 10 euros máis gastos de xestión e 8 euros para estudantes, parados e xubilados, poden adquirirse a través da páxina web de Servinova ou na billeteira do propio teatro dende unha hora antes do inicio do concerto.