'Las altas presiones' comeza a rodarse na Praza da Verdura
Por Redacción
A partir deste sábado 5 de outubro, a Praza da Verdura converterase no primeiro escenario natural empregado polo director marinense Ángel Santos no inicio da rodaxe da película Las altas presiones, producida por Daniel Froiz a través de Matriuska Films.
Durante este venres 4, presentouse a rodaxe na Casa das Campás coa presenza de tres dos seus actores: Andrés Gertrudix coñecido polos seus traballos en El Orfanato ou en Los hombres de Paco; Diana Gómez que participou en Alatriste e en Águila Roja e Juan Blanco, intérprete que interveu en Amar en tiempos revueltos e en El tiempo entre costuras. En nome do Concello que colabora coa película asistiu Anxos Riveiro.
Anxo Santos sinalou que se trata dunha "película de corte social" cunha estrutura de road movie que vai como elipse e que ten como un dos puntos de orixe a Facultade de Belas Artes pero que percorre distintos espazos das Rías Baixas entre Pontevedra e Vigo.
Pola súa banda, Daniel Froiz indicou que o presuposto da película ascende a 500.000 euros e a súa ilusión sería poder estreala en San Sebastián. Está previsto que a rodaxe finalice o 30 de outubro. E dende a produtora pontevedresa agardan que a promoción da película podería iniciarse no primeiro trimestre do próximo ano.
Relacionadas:
-
'Las altas presiones' de Ángel Santos estrearase o 8 de maio en cines de toda España
Por Alejandro Espiño |
-
As altas presións do pontevedrés Ángel Santos, Premio Las Nuevas Olas do Festival de Cine Europeo de Sevilla
Por Redacción |
-
Corea do Sur acollerá a estrea mundial da película "As altas presións" de Ángel Santos
Por Redacción |
-
Na procura de catro vellos mariñeiros para gravar tres 'spots' en Pontevedra
Por Redacción |
-
Matriuska busca figurantes para participar en "Las altas presiones", a nova película de Ángel Santos
Por Redacción |
-
Pontevedra, un estudio dentro dun estudio na última produción de Matriuska
Por Natalia Puga |