Apocalipsis Z de Manel Loureiro no Top 5 de vendas en USA
Por Anxo Lourido
Continúa o éxito de Apocalipsis Z do escritor pontevedrés Manel Loureiro. O 23 de outubro, a editorial de Amazon lanzaba nos Estados Unidos a versión inglesa de Apocalipsis Z: El principio del fin, tanto no formato de libro en papel coma en ebook.
A saída do libro coincidiu coa estrea da película World War Z e co inicio da terceira tempada da serie The Walking Dead. Tres grandes noticias para os seguidores das historias de zombies.
O libro traducido leva por título Apocalypse Z: The Beginning of the End e, nos seus primeiros días no mercado norteamericano, conseguiu situarse no número 4 da lista dos máis vendidos en Amazon en Estados Unidos.
O máis curioso é que o libro de Manel Loureiro se sitúa en vendas por detrás de 11/22/63, o último traballo de Stephen King, o escritor máis coñecido do xénero de terror.
O propio Manel Loureiro comentaba, con humor, en twitter: "De número cuatro en las listas de los máis vendidos en USA! Y el tipo que tengo delante me suena de algo,pero¿De que?;) "
¡De número cuatro en las listas de los más vendidos en USA! Y el tipo que tengo delante me suena de algo,pero¿De qué?;) twitpic.com/b72h5s
Manel Loureiro (@Manel_Loureiro) octubre 24, 2012
En España, a edición de peto de Apocalipse Z xa superou a súa sexta edición e a triloxía converteuse en best-seller.