"De ponte en ponte", porque explicar a historia de Pontevedra sen as pontes é imposible
Por Oskar Viéitez
O Concello de Pontevedra presenta "De ponte en ponte" unha exposición de divulgación cultural sobre o patrimonio e as infraestruturas viarias centrada nas pontes do municipio.
O marco elexido é o claustro do Convento de San Francisco, cedido sen cargo pola congregación franciscana.
Trátase dunha aposta por reforzar a identidade e a autoestima da cidadanía.
En palabras do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, a mostra recolle desde as lousas postas polas familias para salvar un río que separa as terras de labor, ata as sofisticadas estruturas colgantes ou metálicas que hoxe engalanan os nosos ríos.
Tendo en conta este criterio a exposición recolle máis de trescentas pontes "que forman parte do máis profundo do noso ser, enriquecen o territorio, e explican unha historia que sen as pontes sería imposible".
A ponte está íntimamente vencellada a orixe de Pontevedra como cidade, así como ao nome e aos principais iconos, tanto heráldicos como contemporáneos, da vila e municipio.
A exposición estará aberta ao público dende o 28 de xuño ao 31 de xullo co seguinte horario:
- Luns pechado
- Martes a xoves: de 17 a 21 horas
- Sábado: 11 a 14 e 17 a 21 horas
- Domingo: de 11 a 14 horas