Rede Orquestral pecha curso cun recital da Orquestra de Cámara Lira e a Filharmónica Cidade de Pontevedra
Por Redacción
O Pazo da Cultura acolle este sábado 29 de xuño, ás 21.00 horas, o concerto final de curso do proxecto Rede Orquestral que puxeron en marcha este curso académico a Orquestra de Cámara Lira e a Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra. Será un concerto "moi especial", explicou a concelleira de Cultura, Anxos Riveiro, que asegurou estar "orgullosa" de contar cunha orquestra formada por "mozos e mozas" e cunha calidade "excepcional".
Ambas agrupacións farán unha interpretación conxunta adaptada aos diferentes niveis de todos os integrantes desta "nova asociación". En concreto, interpretarase, entre outras pezas un concerto para piano e orquestra, a cargo da pianista Laura Zapatero, de tan só 18 anos, así como una selección das mellores cancións da BSO de El señor de los anillos.
Durante o concerto tamén se fará entrega dos diplomas a todos os rapaces da Orquestra de Cámara de Lira que acreditará as horas impartidas neste proxecto de Rede Orquestral e tamén os cinco concertos realizados durante estes meses. 21 mozos que conseguiron, destacou Nacho Trabazo, presidente desta orquestra, "seguir aprendendo coa música e ter un espazo para desarrollar esta formación".
O proxecto Rede Orquestral terá continuidade no vindeiro ano educativo, xa que a Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra atopou en Lira, segundo o seu director, Nacho García, "a canteira para proveernos de músicos e capital humano que buscabamos dende hai tempo", e porque os nenos de Lira obteñen con esta colaboración unha formación adicional "de grande importancia".