Salcedo recadará fondos para o seu equipo de fútbol a ritmo de rock
Por Alejandro Espiño
Salcedo recadará fondos para o seu equipo de fútbol a ritmo de rock. ÿ o propósito co que nace o Salcedo Sound Festival, unha iniciativa cultural que reunirá a seis grupos de escena musical pontevedresa. Todos eles colaborarán de forma desinteresada con este festival, que se celebrará o vindeiro sábado 15 de xuño, a partir das 19.00 horas, no campo de fútbol de O Casal.
En concreto, segundo explicou Iván Rodríguez, un dos seus organizadores, o Salcedo Sound Festival contará coa participación dos grupos Caldo de cultivo, The Grave Dolls, Ibsen, Chroma, PDA e Champurrada.
Será un evento co que a Sociedade Cultura e Deportiva de Salcedo segue apostando por diversificar as súas actividades. Máis aló da súa actividade deportiva, como un dos clubs máis antigos de Pontevedra, "hai un ano comezamos tamén a apostar por actividades culturais", entre as que citou o certame de pinchos e tapas organizado hai uns meses.
De cara a este festival habilitarase un aparcamento gratuito nas inmediacións do campo de fútbol e haberá dispoñible unha bocatería e un bar "a prezos populares". Todo iso para conseguir diñeiro para poder sufragar os gastos desta tempada e afrontar con garantías a próxima tempada.
A entrada do Salcedo Sound Festival "non ten prezo, senón un donativo". Será de catro euros se se adquire de forma anticipada e de cinco euros se se compra na billeteira.