Roberto Vilar: "Con 'A cabeza non para' ides rir desde o minuto un. Vai ser un cachondeo puro"
Por Alejandro Espiño
Roberto Vilar (Xove, 1971) leva case dous meses, como el mesmo recoñece, "pintando a mona por todos os teatros do país". Por vez primeira nos seus vinte anos de carreira profesional, aceptou o reto de levar o seu humor aos escenarios teatrais. Faino con A cabeza non para, un espectáculo de máis de hora e media de duración, no que recupera os seus sketchs e personaxes máis coñecidos da súa época no programa Land Rober da TVG.
Pontevedra (sábado 1 de xuño ás 21.00 horas, Centro Social Novacaixagalicia) é a antepenúltima parada deste espectáculo. Veremos de novo, entre outros, ao garda civil, ao Felipe II de Histerias de Hospital ou a Manolito el Pescador. Pero cun cambio substancial. "ÿ un show máis vivo do que facíamos na televisión, máis dinámico, máis improvisado e con moita interacción co público". O que non deixa de ser un perigo, di, "porque son moito de volverme loco".
A cabeza non para estreouse en Viveiro o pasado 6 de abril. Son xa moitas funcións, miles de persoas que acudiron ao teatro para verte, como está sendo esta experiencia?
Estamos moi ben e cada vez mellor. Cando empezamos con A cabeza non para, nas primeiras funcións sobre todo, estaba moi despistado porque nunca fixera teatro. O espectáculo foi crecendo e estamos moi contentos. Creo que, desde hai dúas ou tres funcións, conseguimos levar o espectáculo a onde queremos. E a nivel persoal estou moi contento porque estou descubrindo un medio que me resulta máis real e máis vivo.
Pensades en ampliar esta xira ou vai rematar o día 15 de xuño tal e como estaba previsto?
Ao principio pensámolo porque é de agradecer que o público veña en masa a vernos a pesar da situación económica e da crise no teatro. Pero non. Ademais de Pontevedra, quédanos Vilagarcía o día 8 e acabamos na Coruña o día 15. Xa recorremos toda Galicia e o normal é que tal e como está concibido se acabe. Aínda que coñecéndome a min, quen sabe. O mesmo sigo ou o mesmo vou pescar pingüíns a Alaska.
Land Rober acabou hai ano e medio. Sempre se di que a televisión é moi cruel, que a xente pronto esquece do que xa non sae pola pantalla. Pero ti es un exemplo de todo o contrario. Como o fas?
"Sempre tiven un público moi cariñoso e xeneroso. Eu creo que non fixen nada tan bo para recibir tanto cariño da xente"
ÿ verdade o que dis, pero eu creo que iso pasa nun mercado global, a nivel nacional, se me apuras. En Galicia todos os días me para alguén pola rúa e me chama Tonecho. Nese sentido, o público galego é máis familiar. As cousas permanecen máis no imaxinario colectivo. Ás veces dame a sensación de que os Tonechos seguen actuando (rise) e con Land Rober pasa igual. A verdade é que non me podo queixar. Sempre tiven un público moi cariñoso e xeneroso. Eu creo que non fixen nada tan bo para recibir tanto cariño da xente.
En A cabeza non para volves rodearte de grandes amigos e compañeiros. Por que elixiches facelo así?
Case toda é xente que traballaron comigo antes. Como Roberto Gómez de Land Rober, Manolito el pescador, que foi un dos descubrimentos do programa, Juan Fuentes, un presentador da TVG que axuda en varios sketchs relacionados coa televisión Somos un equipo de 16 persoas. Eu quixen que fose así. Tal e como están as cousas non quería facer un monólogo no que saíra eu só. Prefería darlle traballo á xente.
Rober Bodegas, Luis Piedrahita, David Amor ou ti mesmo cada vez máis os humoristas galegos fanse un oco na escena nacional. Cres que o humor galego está de moda?
O que nos chega da xente é tremendo. Por exemplo, nós temos un público moi variado. Temos en todas as funcións desde rapaces desde os dez anos ata xente moi maior. Si é certo que no noso caso o espectáculo está moi dirixido a nós mesmos como galegos, moi enfocado ás nosas cousas, á nosa terra. Pero con respecto á túa pregunta, gústame moito o que dicía Sánchez Dragó. Os andaluces teñen o sentido do chiste, os galegos temos o sentido do humor.
E imaxínome que para un cómico facer rir na situación actual do país é aínda máis reconfortante, non si?
Para nós é importante que te quedes coa sensación de que estiveches hora e media rindo sen parar. Dáste conta que nun momento como o que vivimos, no que nos están dando por todos os lados, lle fas moito ben á xente. ÿ como unha evasión. Queremos que suspendan os seus pensamentos durante o espectáculo e que disfruten desde o minuto un.
ÿ importante, logo, que apoiemos á cultura
Ten que ser unha das nosas prioridades. A situación é moi grave, iso é indubidable. Pero o teatro ou a cultura en xeral ten que forma parte da nosa vida. ÿ igual de importante que comer carne ou comer peixe. Temos que escoitar musica, ver cine, ir ao teatro, ler un libro... Se só vivíramos pensando en alimentarnos non seríamos humanos. Seríamos cans, cabalos ou corzos.
"Despois do verán, se todo vai ben, volverei ao meu medio natural, a televisión, no que me sinto máis cómodo"
E con respecto aos teus proxectos futuros, volveremos ver a Roberto Vilar pronto na televisión?
ÿ o que estamos preparando agora e o normal é que sexa o próximo que fagamos. Por iso este era o momento idóneo para facer esta xira de teatros. Tiña tempo para poder facela e disfrutar con ela. Despois do verán, se todo vai ben, volverei ao meu medio natural, a televisión, no que me sinto máis cómodo.
Despois da túa última experiencia, o concurso Salta a la vista en Cuatro, será un formato máis parecido ao que facías na TVG?
Si. Será algo parecido a que o facía antes. ÿ un proxecto moi persoal. A verdade é que estamos moi ilusionados con el.
Antes entón verémoste en Pontevedra. Gustaríame que para rematar mandaras unha mensaxe ao público pontevedrés. Por que deberían ir ver A cabeza non para?
En cada función facemos algo diferente. E a de Pontevedra será moi especial, porque teño moitos amigos na cidade e virán a verme. Algo faremos. Que lles podo dicir a maiores? Que lles garantizo que vanse rir. Vai ser un cachondeo puro. Non teñen que facer máis que sentarse e disfrutar. Non se van arrepentir. Iso seguro.