Balance da Feira do Libro: Moita xente e poucas ventas
Por Oskar Viéitez
Tras nove anos de interrupción, a Feira do Libro Novo volveuse a celebrar en Pontevedra, dende o mércores día 22 ao domingo 26 os pontevedreses puideron disfrutar no Paseo Odriozola das últimas novidades nos distintos xéneros literarios complementadas cun amplo programa de actividades relacionadas con mundo do libro.
Segundo valoran dende a Federación de Libreiros "houbo un alto nivel de participación, ocupándose todo o espacio dispoñible para a feira".
En total participaron 11 librarías, seis de Pontevedra (Cronopios, Paz, D-Lectum, Clip, Cao e Seijas) e cinco do resto de Galicia (Pedreira Santiago, Cortizas Ferrol, Libros para Soñar Vigo, El Faro de los Tres Mundos Lugo e Cartabón Vigo), unha editorial (A Serpe Edicións), o Instituto Geográfico Nacional e a Deputación de Pontevedra.
"As expectativas da organización para esta feira eran moi positivas e, a nivel de público asistente, cumpríronse sobradamente. Estímase que nos cinco días pasaron pola feira máis de 15.000 persoas, concentrándose principalmente no fin de semana e nas tardes", sinalan nun comunicado.
No relativo ás actividades programadas tamén tiveron un alto grado de aceptación, sobre todo as actividades infantís, nas que a carpa se fixo pequena en varias ocasións. A biblioteca infantil, atendida pola Biblioteca Nodal de Pontevedra foi tamén un bo reclamo para a feira, e nela disfrutaron da lectura os máis pequenos mentres os acompañantes adultos ollaban a oferta das librarías.
Sen embargo polo que a vendas se refire, "os datos non foron tan optimistas como se esperaba, se ben, houbo importantes diferencias dunhas librarías a outras, en función do catálogo que levaron a feira e do tipo de libro no que estaban especializadas. Segundo os datos aportados a organización vendéronse arredor de 2.500 libros, sendo a o libro infantil e xuvenil o xénero literario máis vendido".
Tanto por parte da Federación de Libreiros de Galicia como das entidades colaboradoras, Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e Concellería de Cultura do Concello de Pontevedra, existe un compromiso de continuidade coa celebración desta feira no vindeiro 2014.
Se ben, aínda que xa rematara a feira do libro novo, non así rematou a cita co mundo do libro en Pontevedra, posto que o sábado da comezo a feira do libro antigo e de ocasión que se prolongará ata o día 16 de xuño, e estará situada no mesmo lugar e co mesmo horario.
Relacionadas:
-
A feira do libro antigo e de ocasión mantén as vendas pero os libreiros piden máis difusión
Por Redacción |
-
50.000 exemplares antiguos e de ocasión para colmar a "fame de libros de feira" dos pontevedreses
Por Natalia Puga |
-
'Pasen e lean': Todo a punto para a apertura da Feira do Libro de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |