As corais rinden homenaxe ás Letras Galegas
Por Diego Torrado
Un día despois da súa xornada grande, as Letras Galegas seguen a recibir homenaxes. Este sábado 18 de maio tivérono de parte das corais de Pontevedra e a súa comarca.
A Coordinadora de Corais organizou, como cada ano, o concerto 'Homenaxe ás Letras Galegas', que este 2013 se celebrou a partir das 21.00 horas no Teatro Principal. Había entrada libre ata completar aforo e o recinto encheuse.
O concerto correu da man das corais de Mourente, Chopo, Alameda, A Bella Helenes e Airiños de Campañó.