E van dez 'Festa da Lingua' con A Revira
Por Diego Torrado
E xa van dez anos. A asociación cultural A Revira cumpre este 2013 unha década de actividade en defensa da lingua galega e aínda que segue a mesma filosofía ao longo de todo o ano, dende a súa constitución ten un punto especial de encontro na 'Festa da Lingua' que organiza cada 17 de maio.
Este ano a celebración pasou a este sábado 18 anos, pero, como nas dez últimas edicións, reuniu unha serie de iniciativas diversas arredor do galego, contando ademais, por vez primeira, coa colaboración do Centro Social e Cultural En Pé.
O programa xuntou un ano máis os caracteres cultural, reivindicativo e lúdico e consistiu nunha xornada completa, dende un xantar popular a unha foliada con chourizada coa que prevían terminar a xornada na rúa Sarmiento.
No medio, celebráronse na praza da Verdura un certame de libros viaxeiros e un recital poético en torno a Rosalia de Castro e Vidal Bolaño e unha actuación musical, se ben non contou coa asistencia de público agardada.
Á marxe destes actos, Pontevedra seguiu a celebrar este sábado o Día das Letras Galegas, que en 2013 se adica a Roberto Vidal Bolaño, da man doutras entidades culturais e institucións.