Meis celebra o 17 de maio cunha 'Festa das Letras'
Por Redacción
O Campo da Feira de Mosteiro acolle este venres, 17 de maio, o Festival das Letras recordando a mesma data na que en 1963 Rosalía de Castro editou Cantares Galegos.
Dende as 11:30 horas e ata as 19:00 da tarde cun descanso para unha comida popular no mesmo espazo e con prezo único de 12 euros, reuniranse bandas de música, cantareiras, coros e grupos de teatro de Ribadumia ou música e canto de Vilagarcía, todo baixo a organización da Asociación Floklórica O Trevo, en colaboración co Concello de Meis.
Horas de música, canto e palabra cun regalo para todos os asistentes, un libro de poesías baseadas en Meis ao longo da historia escrito por Mario Gallego e que será presentado aproveitando a celebración do Día das Letras Galegas.