Amparo Sánchez, voz de "Amparanoia", presenta o seu novo disco na Sala Karma
Por Alejandro Espiño
Amparo Sánchez, coñecida por ser a voz de Amparanoia, é a gran aposta musical desta semana na Sala Karma de Pontevedra. A cantante andaluza presentará este venres 19 de outubro, ás 22.30 horas, o seu novo disco, Alma de cantaora. ÿ, segundo os críticos especializados, o seu disco máis maduro ata o momento.
Recentemente saído ao mercado, Alma de cantaora (Kasba Music, 2012) é un disco gravado nos estudos barceloneses da Mamita, A Panchita e Kasba Studio. "Se trata de un disco acústico, desnudo, tranquilo, anclado en la tierra, en la naturaleza, marcado por la sencillez, por atmósferas fronterizas", describe a propia artista. "Como decía Billie Holyday, mi canto se basa exclusivamente en los sentimientos. No puedo cantar nada que no sienta. Y este es un disco necesario, refrescante y auténtico".
O disco ábrese co tema que dá título ao álbum, canción que xa se avanzou como single hai uns meses. Nel, Amparo desnúdase e descóbrenos a súa alma, que como ela mesma describe é un "Alma de cantaora". Un perfecto exemplo para un disco sentido e vitalista "que recoge todos los placeres de la vida, placeres que se pueden encontrar en todos los estados de la misma y al mismo tiempo en todos los temas de este disco".
Unha vez iniciada a xira de presentación do disco que, ademais de Pontevedra a levará esta semana a A Coruña, Ferrol e Vigo, Amparo Sánchez percorrerá medio mundo presentando as súas novas cancións. Ademais de citas xa confirmadas en Europa ou Latinoamérica, celebrará un dobre concerto en terras australianas.
ÿscar Avendaño, en acústico
Ademais, o ciclo Los acústicos del Pequeño Karma trae a Pontevedra a ÿscar Avendaño, bajista de Siniestro Total. Será este mércores ás 22.00 horas. Farao xunto ao seu novo proxecto musical, Os profesionais, cos que interpretará un disco composto por cancións que compuxo el mesmo na súa casa e que non encaixaban nos repertorios das bandas nas que estivo desde os seus comezos musicais. A entrada é de balde.