Visitas guiadas, sesión vermú ou concertos acústicos, actividades paralelas do Festival do Norte
Por Alejandro Espiño
Queda apenas unha semana para que arranque o Festival do Norte. E despois de coñecer o nome os grupos que actuarán durante os dous días de concertos, venres 17 e sábado 18 de maio, os seus organizadores desvelaron as actividades paralelas que programaron para converter este evento nun festival máis universal.
A primeira delas é Busca o teu norte na música, destinada principalmente principal aos estudantes dos centros educativos de Vilagarcía. Celebrarase o xoves 16 de maio no Pavillón Multiusos de Fexdega. Ten como obxectivo achegar aos mozos as posibilidades e potencialidades da promoción e a xestión musical e cultural como oportunidade para a dinamización e desenvolvemento local, así como a creación de emprego.
Dinámica do evento:
- 11:30 horas. Recepción de asistentes.
- 11:45 horas. Presentación e benvida.
- 11:50 horas. Inicio sesión disco-forum: Entrevista a artista invitado Miqui Puig en sesión disco-forum. A entrevista intercalará a escoita de cancións obxecto da sesión disco-forum.
- 12:35 horas. Quenda de preguntas abertas ao público asistente: Unha vez finalizada a quenda de preguntas procederase a realizar unha visita guiada polas instalacións do Festival.
- 13:15 horas. Peche xornada.
Pero a gran novidade deste Festival do Norte é a sesión vermú programada para a mañá do sábado. "Queremos facer do Festival do Norte un lugar a donde poida asistir toda a familia, queremos que traias aos teus fillos, aos teus irmáns... e por iso organizamos a sesión vermú de portas abertas, para que podamos comer todos xuntos o sábado na explanada dianteira de Fexdega", sinalan os seus organizadores.
A partir das doce da mañá celebrarase unha sesión de DJ's cunha selección de temas exclusivos para esta sesión de Rober Bodegas, Alberto Casado e Carlos Crespo, e posteriormente un concerto acústico dun dos artistas que actuará no Festival, Tortel. As portas da sesión vermú estarán abertas a todo o que queira asistir e haberá degustacións gastronómicas e bebidas a prezos populares.
Relacionadas:
-
24 grupos e 5 DJ's para un Festival do Norte que agarda atraer a máis de 17.000 persoas
Por Alejandro Espiño |
-
La Habitación Roja, Dover, Jane Joyd, Mvnich e Aurora completan o cartel do Festival do Norte
Por Alejandro Espiño |
-
O Festival do Norte queda en Vilagarcía e presenta cartel: Xoel López, Toy, Delorentos, We Are Standard... e moitos máis
Por Alejandro Espiño |