Pontevedra vive unha auténtica "noite de estrelas" chea de música e humor
Por Redacción & Diego Torrado
O deste sábado foi un día tremendamente chuvioso pero, aínda así, pola noite Pontevedra encheuse de estrelas. Iso si, non foi no ceo senón na terra. Máis concretamente, no auditorio de Afundación, onde se viviu unha auténtica noite de estrelas.
Así se denomina, Noites de estrelas, o espectáculo do que onte á noite puideron gozar centos de persoas no emblemático auditorio.
Música e humor mesturáronse á perfección da man de catro mestres da comedia galego: Isi, Patricia Vázquez, Manuel Manquiña e Sergio Pazos.
Por primeira vez xuntos nun mesmo escenario, protagonizaron un vertixinoso espectáculo de hora e media de humor arriscado e entrañable, onde a improvisación, o xogo co público e a ironía xogaron un papel importante.
A orixinal formación musical The Funkles, unha banda tributo cuxo amor por The Beatles e os ritmos funk, soul e jazz levounos a crear un universo sonoro e único sorprendente, foron os encargados de amenizar o inicio e o final do espectáculo.